bióloga francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Marina Jeanne Villepreux-Power, nada en Juillac en 1794 e finada en 1871, foi unha bióloga francesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jeanne Villepreux 25 de setembro de 1794 Juillac, Francia |
Morte | 25 de xaneiro de 1871 (76 anos) Juillac, Francia |
Outros nomes | Jeannette Power |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioloxía mariña |
Lugar de traballo | París Messina |
Ocupación | bióloga, naturalista, modista, bióloga mariña, zoóloga, investigadora |
Membro de | |
Filla dun zapateiro, emigrou a París, onde chegou a ser unha brillante axudante de costureira e fíxose afamada pola creación do traxe de voda dunha princesa. Tras coñecer un rico comerciante e nobre inglés en Sicilia, James Power, casou en 1818 en Mesina, pasando a vivir en Sicilia durante 20 anos.
Converteuse en naturalista, a primeira (1832) que creou e usou acuarios para experimentacións no medio acuático, polo que é recoñecida como a nai da acuariofilia. De 1832 a 1842 foi a única muller na Academia Catania e membro correspondente da Sociedade Zoolóxica de Londres (máis outras 16 academias). Escribiu varios libros, publicando a Sociedade Histórica de Mesina Guida per la Sicilia, un brillante e erudito inventario da contorna da illa. Foi famosa en toda Europa polo seu traballo sobre a cuncha do argonauta. É mencionada nun libro francés de 1899, Les femmes dans la science, de Alphonse Rebiere.
O seu apelido, “Villepreux-Power”, lévao tamén un importante cráter de Venus.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.