From Wikipedia, the free encyclopedia
Jafudà Cresques, nado en Palma en c. 1350, e finado en Barcelona, en 1410 ou 1427, tamén coñecido como Jehudà Cresques, Jaume Ribes e Cresques lo Juheu ("Cresques o Xudeu"),[1], foi un cartógrafo xudeu de orixe mallorquina e, probablemente, o home que coordinou os descubrimentos marítimos da escola naval de Portugal a partir de Sagres, a comezos do século XV.[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1350 (Gregoriano) Mallorca |
Morte | 1427 (76/77 anos) Sagres, Portugal (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Aragón |
Actividade | |
Ocupación | cartógrafo , ilustrador |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Cresques Abraham |
Era o fillo doutro cartógrafo notable, Cresques Abraham, nado en Mallorca. Jafudà frecuentou a corte do rei Pedrp III, Xoán I e Martiño o Humano, onde fixo varios traballos de cartografía: xunto co seu pai, el foi, probablemente, o autor do Atlas catalán de 1375, considerado unha obra mestra de cartografía na Europa medieval. Tamén fixo un mapa do mundo para a sinatura comercial toscana Datini, e recibiu distincións e a protección dos reis de Aragón.
Nado no seo dunha familia xudía, converteuse ó cristianismo[1] como resultado dos saqueos do barrio xudeu de Palma en 1391 e, a continuación, adoptou o nome de Jaume Ribes (Jacobus Ribus, en latín). Como tal, parece que foi quen de ser nomeado coordinador portugués da cartografía da escola naval de Sagres na década de 1420; houbo un tal mestre Jacomé de Mallorca con este cargo. Moitos estudosos cren que era a mesma persoa, pero a cuestión é controvertida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.