Isambard Kingdom Brunel
From Wikipedia, the free encyclopedia
Isambard Kingdom Brunel, nado en Portsmouth o 9 de abril de 1806 e finado en Londres o 15 de setembro de 1859, foi un enxeñeiro británico e francés. É coñecido sobre todo por ser o creador da liña de ferrocarril Great Western Railway, unha serie de tres famosos barcos de vapor, así como numerosas pontes de grande importancia no Reino Unido. Foi votado como o segundo personaxe británico máis importante de todos os tempos na enquisa levada a cabo en 2002 pola BBC (100 Greatest Britons).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1806 Portsmouth |
Morte | 15 de setembro de 1859 (53 anos) Londres |
Causa da morte | Ictus |
Lugar de sepultura | cemiterio de Kensal Green |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Educación | Universidade de Caen (pt) Lycée Henri-IV |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro civil , enxeñeiro , arquitecto , enxeñeiro mecánico , enxeñeiro ferroviario |
Período de actividade | 1800 - 1859 |
Membro de | |
Alumnos | Bradford Leslie (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Elizabeth Horsley |
Fillos | Henry Marc Brunel (pt) , Isambard Brunel (en) , unknown daughter Brunel (en) |
Pais | Marc Isambard Brunel (pt) e Sophia Kingdom |
Irmáns | Emma Joan Brunel (en) e Sophia Macnamara Brunel (en) |
Premios
| |
A pesar de que os proxectos de Brunel non sempre tiveron éxito, frecuentemente contiñan solucións innovadoras aos típicos problemas de enxeñaría da época. Durante a súa curta carreira Brunel conseguiu ser o primeiro en moitos logros de enxeñaría, incluíndo a participación na construción do túnel do Támese, primeiro túnel baixo un río navegable, e o desenvolvemento do primeiro transatlántico de aceiro propulsado mediante hélice, o Great Britain.