escritora danesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Karen Christence Blixen-Finecke, tamén coñecida polos sobrenomes Isak Dinesen e Pierre Andrézel, nada en Rungsted o 17 de abril de 1885 e finada o 7 de setembro de 1962, foi unha escritora de orixe dinamarqués en lingua inglesa e dinamarquesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (da) Karen Christentze Dinesen 17 de abril de 1885 Rungstedlund, Dinamarca (en) |
Morte | 7 de setembro de 1962 (77 anos) Rungstedlund (Dinamarca) |
Lugar de sepultura | Rungstedlund (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Prosa e poesía |
Ocupación | escritora de contos |
Período de actividade | 1905 - 1959 |
Membro de | |
Xénero artístico | Neo-romantismo (pt) , literatura gótica (pt) e realismo máxico |
Pseudónimo literario | Tania Blixen Pierre Andrézel Isak Dinesen Osceola |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Bror von Blixen-Finecke (1914–) |
Pais | Wilhelm Dinesen e Ingeborg Dinesen |
Irmáns | Thomas Dinesen Ellen Dahl |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Metzler Autorinnen Lexikon (en) , (p.61–62) >>>:Blixen-Fenicke, Karen (geb. Dinesen, Ps. Isak Dinesen) |
Páxina web | karenblixen.com |
|
Karen Blixen naceu en Rungstedlund, ao norte da illa danesa de Selandia, sendo a segunda filla dun grupo de cinco rapaces: Inger, Karen, Ellen (mozas), Thomas e Anders (rapaces, os mais novos dos cinco) nacidos da unión entre o escritor e capitán Wilhelm Dinesen e Ingeborg Dinesen. En 1895 Wilhelm Dinesen, o pai, suicidouse á idade 49 anos, e así ficou a nai soa cos cativos que daquela tiñan entre un e doce anos. O seu pai viña dunha familia próspera, a súa nai non. Karen, pola súa parte, medrou nunha contorna semellante á dunha familia nobre; tiñan criados e solvencia económica. Hoxe en día a súa casa de infancia en Rungstedlund está convertida nun museo, o Museo de Karen Blixen.
En 1914, Blixen trasladouse á África do Leste, daquela baixo dominio británico, o que hoxe é Kenya. Alí tiña unha plantación de café principiada xunto ao marido, o seu curmán segundo o barón Bror Blixen-Finecke, con quen casara aquel mesmo ano. En 1921 separáronse e no ano 1925 divorciáronse, mais Blixen ficou en África até 1931. Era moi feliz coa vida na granxa, mais había ao menos tres razóns que motivaban o seu regreso a Dinamarca:
Así as cousas, Blixen volveu a Dinamarca e alí estivo até a súa morte en 1962. As súas experiencias en África aparecen reflectidas nos seus libros Out of Africa (1937) e Skygger på Græsset -en galego, Sombras sobre a Herba- (1960).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.