escritor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Isaac de Benserade, nado o 15 de outubro de 1612 en Lyons-la-Forêt en Normandía e morto o 19 de outubro de 1691 en Gentilly, foi un escritor e dramaturgo francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1613 Lyons-la-Forêt, Francia |
Morte | 10 de outubro de 1691 (77 anos) Gentilly, Francia |
2º Cadeira 7 da Academia Francesa (pt) | |
9 de abril de 1674 – outubro de 1691 ← Jean Chapelain (pt) – Étienne Pavillon (pt) → | |
Verderer (en) Lyons-la-Forêt | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, Drama, Libreto e Ballet |
Ocupación | poeta , coreógrafo , libretista , dramaturgo , escritor |
Membro de | Academia Francesa (1674–1691) |
Movemento | Libertinagem erudita (pt) e Preciosismo (pt) |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Poeta e cortesán Isaac de Benserade foi protexido do cardeal Richelieu, do duque de Brézé, de Mazarino e de Lois XIV. Contaba cunha pensión de 600 libras anuais concedida por Richelieu.
Isaac foi, xunto co seu principal rival Vincent Voiture, un preciosista, movemento en voga na época. Estudou teoloxía na Sorbona pero interesouse máis polo teatro. Compuxo ós vinte e tres anos a súa primeira traxedia, Cléopâtre, en 1634 representárase no Hôtel de Bourgogne, a súa primeira comedia Iphis et Iante unha das primeiras obras en Francia en evocar abertamente a homosexualidade feminina.
A fama conseguiuna, en colaboración co músico Michel Lambert compoñendo comedias ballet que se representaban na corte como divertimento. Entre 1651 e 1681 compuxo unha vintena e colaborou con Lully, rivalizando neste dominio con Molière. Nos salóns literarios era, así e todo, apreciado pola súa poesía, o seu soneto Job desatou unha querela entre os seus partidarios, xobelistas entre os que se contaban La Fontaine e Madeleine de Scudéry, e os partidarios de À Uranie de Voiture, os uranistas.
En 1674 foi elixido membro da Académie Française e participou na elaboración do seu dicionario.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.