From Wikipedia, the free encyclopedia
Irrelixión[1] é a ausencia, indiferenza, rexeitamento ou hostilidade cara a relixión.[2][3] Algúns segmentos poden posicionarse contrarios e, eventualmente, inclusive ser hostís ás relixións, como pode ser o caso do anticlericalismo, do antiteísmo e da antirrelixión. Cando é definida como indiferenza á relixión, inclúe o apateísmo. A irrelixión tamén consiste parcialmente no rexeitamento da crenza relixiosa, onde se insire o ateísmo e o humanismo secular. Cando é definida como a ausencia de crenza relixiosa, pode incluír algunhas persoas que serían incluídas no agnosticismo, ignosticismo, non teísmo, deísmo, pandeísmo, escepticismo relixioso, pensamento libre e a non-crenza. A irrelixión pode até incluír formas de teísmo dependendo do contexto relixioso, como na Europa do século XVIII, onde o epítome da irrelixión foi o deísmo.[4]
Algunhas evidencias suxiren que o status relixioso que máis medra nos Estados Unidos é o status denominado "sen relixión".[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.