![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/PortadaIrmandinho.jpg/640px-PortadaIrmandinho.jpg&w=640&q=50)
Irmandade Galeguista do Uruguai
From Wikipedia, the free encyclopedia
No número de decembro de 1934 da revista O Irmandiño, a propia Irmandade definiuse a si mesma como unha entidade que non se adicaba en exclusive á política, senón que os seus principais obxectivos consistían en dar a coñecer grandes personalidades galegas que, debido ao réxime, morreron ou “vivían na escuridade” para así defender o idioma.
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2017) |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
![]() | Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde xullo de 2017.) |
Irmandade Galeguista do Uruguai | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | maio de 1934 |
Sede | Montevideo |
País | Uruguai |
[ editar datos en Wikidata ] |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/PortadaIrmandinho.jpg/640px-PortadaIrmandinho.jpg)
A Irmandade Galeguista do Uruguai fai un chamamento a todos os galegos e galegas do mundo, para tomar conciencia da situación da comunidade galega, ademais de facer fincapé na igualdade entre homes e mulleres, todos eles necesarios para a causa. Para apoiar este fin, en palabras de Antón Vilar Ponte, ínstase a mercar libros escritos no idioma galego, para continuar o legado da Editorial Nós, potenciando a literatura galega en Galicia e no resto do mundo.
A asociación acordou finalizar as súas funcións cando estalou a Guerra civil española, para apoiar todo o posíbel ao bando da República.