Irlanda nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Irlanda participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1924, na edición de Verán, e participa nos Xogos Olímpicos de Inverno dende 1992. Está representada pola Federación Olímpica de Irlanda que foi formada en 1922,[1] durante a administración provisional antes do estabelecemento formal do Estado Libre Irlandés. A Federación Olímpica de Irlanda afiliouse ao Comité Olímpico Internacional (COI) xusto a tempo para os xogos de París de 1924.[1] Existe certa controversia sobre se o equipo nacional representa á República de Irlanda ou a toda a illa de Irlanda, que abrangue tanto á República como a Irlanda do Norte,[2] xa que os atletas norteirlandeses poden escoller se representar á República ou ao Reino Unido.
Datos rápidos
Irlanda nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | IRL | ||||
Comité nacional | Federación Olímpica de Irlanda olympics | ||||
Medalleiro |
|
Pechar