xornalista e presentadora española From Wikipedia, the free encyclopedia
Inés Ballester, nada en Borriana (Castelló) o 28 de setembro de 1958, é unha xornalista e presentadora española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1958 (65 anos) Borriana, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , presentadora , presentadora de televisión |
Empregador | Televisión Española |
Lingua | Lingua castelá |
Licenciada en Xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona, iniciou a súa carreira na Cadena SER para pasar despois ao magacín diario de Radio Nacional de España. Logo duns anos deu o salto á televisión, primeiro no centro territorial de TVE en Valencia, como xefa de programas e despois en Canal 9 e Telemadrid. Tras tres anos en Telemadrid, foi fichada en Antena 3 en 1997. En 2001 volveu a TVE onde presentou o programa matinal Por la mañana, xunto con Iñaki del Moral, durante seis tempadas. O programa despediuse en marzo de 2008.
Con todo, pouco despois, Ballester asume outro matinal en La 1, neste caso os fins de semana, baixo o título El día por delante, estreado o 24 de maio de 2008.[1] O programa, con todo, despediuse o 2 de agosto, sen chegar aos tres meses en pantalla, tras acumular unha cota de pantalla do 11,3%, por baixo da media da cadea.[2]
Entre xaneiro e decembro de 2010 co-presentou, xunto a Carmen Sevilla, o programa Cine de barrio.
Desde 2009 colabora no programa Julia en la onda, en Onda Cero, xunto a Julia Otero.
En outubro de 2011 incorpórase á cadea 13 TV, presentando o magazine diario Te damos la mañana. Un ano máis tarde estreaba o programa Nuestro cine na mesma cadea.
Ballester escribiu dous libros de receitas de cociña titulados Cocina con corazón e Cocina con más corazón, ambos cos editorial Temas de hoy, que inclúe algunhas das mellores receitas que deu no seu programa.
No verán de 2012 dáse a coñecer que Inés está a se tratar dun cancro de mama, enfermidade da que foi intervida cirurxicamente de urxencia na Fundación Jiménez Díaz.
O 18 de xaneiro de 2013 publícase que Inés contrae matrimonio por segunda vez, aínda que este extremo é desmentido por ela mesma.
Desde o 7 de xullo ao 1 de setembro de 2014 fíxose cargo de La mañana de verano en La 1 cubrindo as vacacións de Mariló Montero.
Desde o 2 de setembro de 2014, presenta nesa mesma cadea o espazo Amigas y conocidas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.