Invincible (serie de televisión)
serie de televisión estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Invincible é unha serie estadounidense-canadense de animación adulta baseada na banda deseñada homónima creada por Robert Kirkman, Cory Walker e Ryan Ottley para Image Comics.[3] A serie estreouse en Amazon Prime Video e conta a historia dun rapaz de 17 anos chamado Mark Grayson e a súa transformación nun superheroe baixo a guía do seu pai, Omni-Man, o máis poderoso ser da Terra. Durante a súa transformación, Mark atópase loitando entre a súa vida persoal e os deberes de superheroe, onde se verá obrigado a demostrar que pode ser o heroe que é o seu pai. A serie está protagonizada polas voces de Steven Yeun, Sandra Oh e J. K. Simmons[4] no papel da familia Grayson.
![]() | |
Formato | Acción Aventuras Animación adulta |
---|---|
Creado por | Robert Kirkman |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes |
|
País de orixe | ![]() ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 2 |
Episodios | 17 |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Duración | 42–55 minutos[2] |
Distribuidor | Amazon Studios |
Canle de orixe | Amazon Prime Video |
Primeiro episodio | 25 de marzo de 2021 |
Na rede | |
https://www.amazon.com/gp/video/detail/B08WJN83XZ/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Logo da súa estrea, a serie recibiu a aclamación da crítica e da audiencia, que eloxiou a súa animación, secuencias de acción, historia, guión, actuación das voces, peso emocional e lealdade ao material orixinal.[5] En abril de 2021, logo do remate da primeira tempada, Amazon renovou a serie por dous tempadas máis.[6] A segunda tempada estrearase o 3 de novembro de 2023.[7] O 21 de xullo de 2023, Amazon estreou un episodio especial a modo de precuela titulado Invincible: Atom Eve.[8]