Intoxicación por cogomelos velenosos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A intoxicación por cogomelos velenosos, mortais ou non, coñécese como micetismo e presenta diversos cadros e síndromes, que abarcan dende simples mareos, diarreas e vómitos, ata alucinacións e insuficiencias renais.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde febreiro de 2020) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O consumo accidental de cogomelos tóxicos é un feito relativamente frecuente que data da antigüidade. Na Península Ibérica están catalogadas máis de 1.500 especies de cogomelos, dos que aproximadamente cen conteñen substancias tóxicas máis ou menos potentes. Das especies velenosas só cinco ou seis son mortais, que condicionan o 1-15% da actividade global nun centro antitóxico (Mateu Sancho, 1994).
A intoxicación por cogomelos é un fenómeno estacional, máis frecuente en determinados períodos ou condicións climáticas que favorecen o seu crecemento e posterior recolección e consumo. En certos territorios (Cataluña, País Vasco), danse as intoxicacións máis frecuentes. En Cataluña calcúlase que hai entre cinco e dez intoxicacións por millón de habitantes e ano (Piqueras Carrasco, 1996).
En Galiza os cogomelos velenosos adoitan chamarse cacaforras[1], coñécense así diferentes especies do xénero Amanita. Os fungos velenosos comportan ademais nomes comúns facendo referencia á súa perigosidade: pan da morte ou pan do demo (Amanita phalloides).
Os cogomelos velenosos máis comúns en Galiza son, ademais da Amanita phalloides, a Amanita verna, a Amanita virosa, tres tipos de lepiotas pequenas, un ou dous tipos de Cortinarius e unha Galerina. O Cortinarius orellanus, por exemplo, ten un período de latencia de quince días, de xeito que é difícil coñecer a causa da doenza. O consumo dun exemplar de cacaforra da morte (Amanita phalloides) é de abondo para ter que facer un transplante de fígado.[2]
En xeral os cogomelos coñécense en Galiza co nome de pan de becha, pan de sapo ou pan de cobra, aludindo a súa toxicidade. Os refráns galegos din: Fungo regalado, con discreción tiralo. Se queres o teu marido matar dálle fungos a fartar.