Intensidade media diaria de vehículos
medida de cuantos vehículos circulan por unha estrada determinada From Wikipedia, the free encyclopedia
medida de cuantos vehículos circulan por unha estrada determinada From Wikipedia, the free encyclopedia
A intensidade media diaria de vehículos, de maneira abreviada IMD, é unha medida utilizada principalmente na planificación do transporte, a enxeñería do transporte e a selección de localizacións retallistas. É o volume total de tráfico de vehículos dunha estrada durante un ano dividido por 365 días. A IMD é unha medida simple pero útil porque determina canto de transitada é esa estrada.
A IMD é a medida estándar para a carga de tráfico de vehículos nunha sección da estrada e a base para a maioría das decisións relacionadas coa planificación do transporte ou os riscos ambientais de contaminación relacionada co transporte por estrada.[1]
Un dos usos máis importantes da IMD é para determinar o orzamento para o mantemento e mellora das estradas.
Así por exemplo, nos Estados Unidos, a cantidade de fondos federais que recibirá un estado está relacionada co tráfico total medido na súa rede de estradas. Cada ano, o 15 de xuño, todos os estados dos Estados Unidos envían un informe do sistema de aforos das vías de comunicación.[3] Este informe contén información diversa sobre os tramos de estradas no estado baseados no cálculo de vehículos (non todos os tramos de estradas son aforados). No informe a IMD convértese en millas percorridas por vehículo (VMT). VMT é a IMD multiplicado pola lonxitude do tramos de estrada. Para determinar a cantidade de tráfico que ten un estado, a intensidade media diaria non pode ser sumada para todos os segmentos de estrada, xa que unha IMD é unha cociente. A VMT súmase e utilízase como indicador da cantidade de tráfico que ten un estado. Para o financiamento federal aplícanse fórmulas para incluír a VMT e outras estatísticas das estradas.
No Reino Unido a IMD é unha de varias medidas de tráfico utilizadas polas autoridades viarias locais e o Departamento de Transporte para prognosticar as necesidades e os gastos de mantemento.[4]
Para medir a IMD en tramos de estrada individuais, os datos de tráfico son recompilados mediante puntos de aforo de tráfico automatizado, ben contratando a un observador para rexistrar o cálculo de vehículos ou ben mediante recontos estimados de provedores de datos de GPS, entre outros métodos. Hai dúas técnicas diferentes para medir as IMD para segmentos de estrada con contadores de tráfico automatizados:
Aínda que esta maneira proporciona a IMD máis precisa, instalar e manter o método de estacións de cálculo continuo é custoso. A maioría das axencias públicas só poden monitorear unha porcentaxe moi pequena da estrada usando este método.
Para os anos en que non se rexistra un cálculo de tráfico, a IMD a miúdo estímase aplicando un factor chamado factor de crecemento. Os factores de crecemento determínanse estatisticamente a partir de datos históricos do tramo de estrada. Se non hai datos históricos, utilízanse factores de crecemento de tramos de estradas similares.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.