Imperio Sasánida
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Imperio Sasánida (en persa: ساسانیان) é o nome que se lle dá á cuarta dinastía iraniana e ao segundo Imperio Persa (226-651).[1] A dinastía sasánida foi fundada por Ardashir I tras derrocar ao derradeiro rei arsácida, Artabán V de Partia, e terminou cando o derradeiro Šahanšah (Xahanxáh) ('Rei de reis') sasánida Yazdgerd III (632-651) perdeu unha prolongada guerra de catorce anos contra o primeiro dos califatos islámicos (o califato Omeia). O territorio do Imperio persa sasánida comprendía os actuais estados de Irán, Iraq, Armenia, Afganistán e partes do leste de Turquía e Siria, ademais de parte de Paquistán, o Cáucaso, Asia Central e Arabia. Durante o goberno de Cosroes II (590-628), anexionáronse ao imperio os territorios dos actuais Exipto, Xordania, Palestina, Israel e o Líbano, chegando a exercer un "protectorado" sobre territorios actualmente correspondentes a Omán e o Iemen, chegando así á máxima expansión do imperio. Os sasánidas chamaban ao seu imperio Erānshahr ايرانشهر (Iranshæhr), ou 'Dominios dos Iranianos'.[2]
Nomeado en referencia a | Sassânidas (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Capital | Estakhr (pt) Ctesifonte | |||
Poboación | ||||
Poboación | 40.000.000 (11,43 hab./km²) | |||
Lingua oficial | Lingua persa media Lingua parta Koiné Lingua aramea | |||
Relixión | Zoroastrismo, Maniqueísmo, Mitraísmo (pt) , cristianismo, Anatolia, Asia Minor (en) , budismo, Árabes, Islam, xudaísmo, Hinduísmo e Mandeísmo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 3.500.000 km² | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Fundador | Ardashir I | |||
Creación | 224 | |||
Disolución | 651 (Gregoriano) | |||
Sucedido por | Califado Rashidun (pt) , Qarinvand dynasty (en) , Zarmihrids (en) , Dabuyid dynasty (en) , Masmughans of Damavand (en) e Bavand dynasty (en) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | feudal monarchy (en) monarquía | |||
O período sasánida (que comprende todo o período final da antigüidade clásica e mesmo a sobrevive uns séculos), considérase un dos períodos históricos máis importantes e influentes da historia de Irán. En moitos aspectos, o período sasánida alcanzou os maiores logros da cultura persa, e constituíu o último grande imperio iraniano antes da conquista islámica de Persia e a conseguinte conversión ao islam como relixión en todo o territorio.[3] O Imperio Sasánida tivo unha importante influencia sobre a civilización romana.[4] Esta influencia cultural estendeuse moito máis alá dos territorios fronteirizos de ambos os imperios, chegando ata a Europa occidental,[5] África,[6] China e a India,[7] e tivo un papel fundamental na formación da arte medieval europea e asiática.[8] Esta influencia chegou tamén ata o incipiente mundo islámico. A cultura aristocrática e exclusiva da dinastía sasánida transformou a conquista islámica de Irán nun renacemento persa.[5] Gran parte do que posteriormente sería coñecido como cultura islámica (arquitectura, escritura e outras habilidades) foron adoptadas polo amplo mundo islámico a partir dos persas sasánidas.[9]