O Imperio Medio de Exipto (2040-1640) viu o afianzamento do poder dos faraóns. O Imperio Medio comeza para algúns coa XI dinastía, co poderoso caudillo tebano Mentuhotep II e para outros coa XII dinastía, iniciada por Amenemhat I, cando se consolidou a reunificación de Exipto, logrouse centralizar o poder e se emprendeu a expansión das fronteiras, freando as incursións estranxeiras. A XII dinastía trasladou a capital a Menfis e aumentou a burocracia. Sesostris I (1970-1936) iniciou a irrigación do lago Moeris (al-Fayum) e ampliou as fronteiras na Asia e na Nubia. Sesostris III (1887-1850) suprimiu o cargo de nomarca, ou gobernador dun nomo, e dividiu o país en tres sectores, Baixo, Alto e Medio Exipto. Invadiu o Sinaí, Palestina e Siria e conquistou boa parte da Nubia. Nunca antes Exipto atinxira tanta prosperidade. Quen o seguiu, Amenemhat III, é visto como o maior monarca do Imperio Medio.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Modelo:Xeografía políticaImperio Medio de Exipto

Localización
 25°43′14″N 32°36′37″L
CapitalTebas
Amenemhat-itj-tawy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación2040 a. C. Editar o valor en Wikidata
Disolución1782 a. C. Editar o valor en Wikidata
Sucedido porSegundo Período Intermedio Editar o valor en Wikidata

Pechar

Moitas das maiores accións dos reis da XII dinastía tiveron lugar fóra do val do Nilo. Tal como antes, houbo moitas expedicións á Nubia, Siria e ao Deserto do Oriente, en busca de valores a minar e de madeira para transportar para o Exipto. Para alén diso, estableceuse comercio coa Creta minoica.

Durante o Imperio Medio, a fase seguinte en deseño funerario foron as tumbas escavadas na rocha. Os mellores exemplos destas tumbas poden verse no Val dos Reis. Tamén se construían grandes templos en áreas máis visíbeis. O proxecto arquitectónico máis destacado foi o impoñente mausoleo de Mentuhotep en Deir al Bahri, que serviría de prototipo para o templo de Hatshepsut cinco séculos máis tarde. É o período clásico da arte e a literatura exipcias.

O faraón perdeu o carácter divino dos séculos precedentes, pero a autoridade real ficou firmemente establecida. Unha táctica moi utilizada para manter o control era substituír os gobernadores provinciais por funcionarios adeptos, moitos eles inmigrantes da veciña Palestina. Tebas converteuse nunha grande metrópole; os faraóns trasladáronse á antiga capital, Menfis, que estaba máis próxima do centro do país. Sesostris III e Amenemhet II construíron grandes pirámides en Saqqara, Dahshur, Illahun e Hawara.

A XIII dinastía é incluída frecuentemente no Reino Medio, aínda que o período parece ter sido un tempo de confusión e de príncipes estranxeiros provenientes da Asia, coñecidos por hicsos, que se aproveitaron da inestabilidade política no Delta do Nilo para obter o control da área e máis tarde estender o seu poder cara ao sur. Os hicsos, que eran eses colonizadores que tanto lles serviran aos faraóns, trouxeron consigo a carruaxe de guerra poxada por cabalos. Os exipcios non botaron moito tempo ata recoñecer o poder desta carruaxe e a comezar, eles mesmos, a usala.

Sexa como for, esta quebra no control central marca o comezo do Segundo Período Intermedio.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.