Imperio Babilónico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Babilonia (en acadio-babilonio Bābili ou Babilim) foi un antigo imperio localizado na rexión central-meridional de Mesopotamia, con centro na cidade de Babilonia e que chegou a estenderse por Acad e Sumeria, arrebatando a hexemonía ás dinastías amorritas de Isin e Larsa do chamado renacemento sumerio. A súa historia divídese en dúas etapas principais, separadas entre si polo período de dominación asiria; o imperio paleobabilónico ou amorrita (1792 a.C.–1595 a.C.) e o imperio neobabilónico ou caldeo (626 a.C.–539 a.C.). O imperio babilónico foi sucedido polo persa tralas conquistas de Ciro II o Grande.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Babel | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | lingua acadia | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | século XIX a. C. | ||||
Disolución | 539 a. C. | ||||
En Babilonia falábase o acadio (lingua semítica) e mantivo a linguaxe escrita acadio para uso oficial (lingua da súa poboación nativa), a pesar dos seus fundadores, os amorreos e os seus sucesores os casitas, que non tiñan o acadio como lingua nativa. Con todo, conservou a lingua sumeria para o uso relixioso, a pesar de que no momento en que se fundou Babilonia, probablemente xa non era unha lingua falada. As antigas tradicións acadias e sumerias tiveron un papel importante nas culturas babilonia e asiria, e a rexión continuou a ser un importante centro cultural, mesmo en períodos prolongados de gobernos externos.