Un manancial[1] é un lugar onde mana auga que abrolla da terra ou entre as rochas. Pode ser permanente ou temporal. Orixínase na filtración de auga que penetra nunha área e emerxe noutra, de menor altitude, onde a auga non está confinada nun conduto impermeable. Estas surxencias acostuman ser abondosas en relevos cársticos. Os cursos subterráneos ás veces quecen polo contacto con rochas ígneas e afloran como augas termais.
Recibe tamén os nomes galegos de groto, gurgullo, gurgullón e illó. O nacente ou nacedoiro é o lugar onde nace o manancial[2].
Os pozos artesianos son manantes artificiais provocados polo ser humano mediante unha perforación a grande profundidade e na que a presión da auga é tal que a fai emerxer na superficie.
Os antigos gregos e romanos rendíanlles culto ás fontes naturais, que xeralmente eran consagradas a un deus ou a unha deusa. O famoso manante de augas termais de Bath, no suroeste de Gran Bretaña, foi consagrado polos romanos a Minerva, deusa da sabedoría e da guerra. As fontes ornamentais, nas cidades dos séculos XVII a comezos do XX, acostuman evocar ese carácter sagrado dos manantes mediante formacións escultóricas que representaban ás antigas deidades da auga.
Metaforicamente manantes e fontes consideráronse nun senso figurado orixe de algo: "Esa idea foi o manante de distintas doutrinas", "O seu pensamento bebe de fontes marxistas" etc. e tamén para moitos acordos comercias.
Augas minerais
Os minerais disólvense na auga ao seu paso por zonas subterráneas. Isto bríndalle sabor a auga e ata burbullas de dióxido de carbono, dependendo da natureza xeolóxica do terreo. Por iso, a auga do manancial ou nacente (spring water) véndese como auga mineral, aínda que frecuentemente o termo se aplica por motivos publicitarios.[Cómpre referencia] Os mananciais que conteñen cantidades significativas de minerais son denominados, ás veces, «nacentes de minerais». A aqueles que conteñen grandes cantidades de sales de sodio disoltas, maiormente carbonato sódico, chámaselles «nacentes de soda».
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.