![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/16/PicoIsland-Azores.jpg/640px-PicoIsland-Azores.jpg&w=640&q=50)
Illa do Pico
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa do Pico é a segunda maior illa do arquipélago dos Azores, e dista da illa do Faial 8,3 km e da Illa de São Jorge dista 15 km. Ten unha superficie de 447 km²; e conta cunha poboación residente de 14 148 habitantes (en 2011). Mide 50 km de longo e 20 km de anchura. Debe o seu nome a maxestosa montaña volcánica (Ponta do Pico ou Montaña do Pico) que termina nun pico pronunciado cuxo topónimo é Pico Pequeno ou Piquiño. É a máis alta montaña de Portugal e a terceira maior montaña que emerxe do Atlántico, atinxindo 2 351 metros de altitude.
Pico | |
---|---|
![]() Vista aérea da Illa do Pico | |
![]() Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Rexión autónoma de Portugal | Azores |
Arquipélago | Illas Azores |
Mar | Océano Atlántico |
Xeografía | |
Superficie | 447 km² |
Longura máxima | 46´23 km. |
Largura máxima | 15´87 km. |
Punto máis alto | 2.351 m. Montanha do Pico |
Demografía | |
Capital | Madalena (pob. 6 297) |
Poboación | 14 148 hab. (2011) |
Densidade | 32 hab./km² |
Xentilicio | Picoense |
Lingua propia | Portugués |
Administrativamente, a illa está constituída por tres concellos: concellos das Lajes do Pico con seis freguesías, Madalena e São Roque do Pico, ambas con cinco freguesías.
Dispón en Santa Lucia, dun moderno Aeroporto Rexional con enlaces aéreas directas con Lisboa (TAP/SATA Internacional) e Terceira (Lajes) e Ponta Delgada (SATA Air Açores). Ten enlaces marítimas diarias (Transmaçor) coa cidade da Horta e vilas das Velas e Calheta. Durante os meses de verán ten tamén enlaces marítimas coas restantes illas do arquipélago.