From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa do Bananal é a maior illa fluvial do mundo, con 19.162,25 km² de extensión, cercada polos ríos Araguaia e Javaés. Localízase no estado de Tocantins (Brasil), próximo á fronteira cos estados de Goiás, Mato Grosso e Pará. Localízase entre as latitudes 9°44'S e 12°49'S e entre as lonxitudes 49°52'O e 50°44'O. Abriga ao norte o Parque Nacional do Araguaia e, ao sur, dúas reservas indíxenas: Carajás e Javaés.
(pt) Ilha do Bananal | |||||
Tipo | Insua illa patrimonio natural | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
Continente | América do Sur | ||||
División administrativa | Tocantins, Brasil | ||||
| |||||
Bañado por | Rio Araguaia (pt) | ||||
Conca hidrográfica | Bacía do río Amazonas | ||||
Características | |||||
Altitude | 189 m | ||||
Dimensións | 55 () × 350 () km | ||||
Superficie | 19.162 km² | ||||
Sitio Ramsar | |||||
Data | 4 de outubro de 1993 | ||||
Identificador | 624 | ||||
Descuberta o 26 de xullo de 1773 polo sertanista José Pinto Fonseca, recibiu o nome de Santana. Posteriormente, pasouse a chamar Bananal, debido á existencia de extensos bananais silvestres. Esta illa abriga cerca de quince aldeas indíxenas, sendo unha delas a aldeia Kanoanã, fica preto da rexión de Formoso do Araguaia no Tocantins.
Está considerada un dos santuarios ecolóxicos máis importantes do país. Por estar na faixa de transición entre a foresta Amazónica e O Cerrado, posúe fauna e flora bastante diversificadas. A fauna ten especies comúns ao Pantanal de Mato Grosso, como a onza-pintada, boto, uirapuru, a garza azul ou a tartaruga da Amazonia.
Na flora destacan varios xéneros de orquídeas terrestres, a mazaranduba, a piazava e a canxerana. Na vexetación predominan os campos, coñecidos na rexión polo nome de varjões. Aparecen aínda o cerrado, a mata seca de transición, as matas ciliares de igapó, vexetación das encostas secas e vexetación dos bancos de area.
Predomina o clima tropical quente semi-húmido con temperaturas máximas de 38 °C nos meses de agosto a setembro e mínimas de 22 °C en xullo. Dúas estacións están nitidamente marcadas na illa, o verán (de novembro a abril) no que predominan as choivas, e o inverno (de maio a outubro) onde ocorre o período da seca. A humidade relativa do ar rexistrada nas estacións mais definidas xira en torno do 60% (xullo) e 80% (épocas chuviosas).
Durante os meses de xaneiro a marzo, época de chea do río Araguaia, parte da illa permanece inundada. As choivas dese período corresponden a cerca de 50% do total anual.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa do Bananal |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.