From Wikipedia, the free encyclopedia
Santo Estefano é unha pequena illa de Italia localizada no mar Tirreno fronte á costa entre Lacio e Campania e forma parte das illas Ponziane. Como o resto do arquipélago, a illa ten orixe volcánica e ten unha forma circular de menos de 500 metros de diámetro e unha extensión de preto de 27 hectáreas. Atópase a tan só dous quilómetros da illa de Ventotene da cal depende administrativamente.
Santo Estefano | |
---|---|
Vista da illa | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Italia |
Comuna | Ventotene |
Provincia | Latina |
Arquipélago | Illas Ponziane |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | |
Xeografía | |
Superficie | 0,27 km² |
Longura máxima | 720 m |
Largura máxima | 560 m |
Punto máis alto | 80 m |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
No período romano a illa tivo diferentes nomes, entre eles Partenope (do grego Παρθενόπη), Palmosa, Dommo Stephane e Borca, e foi escasamente poboada. Os cantís escarpados, de feito, sempre fixeron o desembarco difícil, só é posible en 4 puntos, accesibles en función dos ventos.
Polo momento a illa está deshabitada e é de propiedade privada, pero pódese visitar cos barcos locais. Atópase a uns 2 km ao leste de Ventotene, da que depende administrativamente. O único edificio na illa é unha prisión ("edificio circular") con 99 celas, construída durante o período borbónico entre 1794 e 1795 por Fernando IV e usada ata 1965.
A maioría dos detido máis ilustres foron opositores ao réxime fascista nos anos 20. Entre eles se recordan ao ex presidente de Italia Sandro Pertini, Giorgio Amendola e Altiero Spinelli.
No interior do cárcere, o director Tinto Brass rodou unha película.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.