From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de San Pietro (Italiano: Isola di San Pietro, Lígur Tabarquino: Uiza de San Pé, Sardo: Isula 'e Sàntu Pèdru) é unha illa a aproximadamente 7 km da costa suroeste de Sardeña, Italia, fronte á península de Sulcis. Con 51 km² é a sexta maior illa de Italia por superficie. Os aproximadamente 6.000 habitantes están concentrados na cidade pesqueira de Carloforte, a única comuna na illa. Está incluído na provincia de Sardeña do Sur. Ten o nome de San Pedro.
Illa de San Pietro | |
---|---|
Isola di San Pietro | |
Situación | |
País | Italia |
Rexión | Sardeña |
Provincia | Provincia de Sardeña do Sur |
Arquipélago | Arquipélago de Sulcis |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 51[1] km² |
Perímetro | 33 km |
Punto máis alto | 211 m s.n.m. |
Demografía | |
Capital | Porto di Carloforte |
Poboación | 6.444[2] (2001) |
Lingua propia | Italiano, |
A illa está conectada por un servizo regular de transbordadores desde Portovesme e Calasetta.
A illa é de orixe volcánica. As rochas son de idade Cenozoica e inclúen basalto, dacite e riolita (incluíndo a variedade peralcaline comendite).[3] Os 18 km. das súas costas son principalmente rochosos. A parte occidental e setentrional inclúe algunhas grutas naturais, embarcadoiros desprotexidos, con algunhas pequenas praias, en xeral aquí a costa adoita ser moi abrupta e rochosa. A costa oriental, sobre a que se atopa o porto de Carloforte, está máis protexida e é máis areosa.
Na costa noroccidental atópanse dúas pequenas illas, a Isola dei Ratti e Isola Piana. Esta última inclúe os restos dunha das máis grandes almadraba en Italia, agora convertida nun Resort turístico.
A illa non ten ríos ou regatos, pero presenta numerosas lagoas e pantanos. O interior é montañoso, os puntos máis altos son o bricco (outeiro) Guardia dei Mori (211 m s.n.m.) e o bricco Tortoriso (208 m s.n.m.).
A vexetación é a típica da costa mediterránea, con Cistus, lentisco, érbedox, juniperus, piñeiro carrasco e aciñeiras. Aquí hai bosques de carballos e piñeiros con claros que adoitan cultivarse e poboados de casas dispersas. O cultivo, realizase especialmente na rexión oriental máis protexida, inclúe uva (Vitis vinifera), ficus e chumbeiras. A parte occidental exposto ao vento predominante, o mistral, é máis árido, con pouca vexetación arbustiva e en gran parte deshabitada. O clima é tepedo. A illa está conectada coa Sardeña, e á próxima illa de Sant'Antioco por dúas liñas de transbordadores.
Carloforte
A illa foi coñecida desde tempos antigos. Os fenicios chamárona Enosim ou Inosim, mentres que para a Grecia antiga era "Hieracon Nesos" e para os romanos Accipitrum Insula (Illa do Gavilán). Este último derivou da presenza do pequeno falcón de Eleonora, que aínda está presente na illa. San Pietro laberga hoxe en día restos das civilizacións fenicia, romana e Sardeña.
Segundo unha lenda, a illa recibe o nome de San Pedro que visitou a illa no ano 46 dC.
No século XVIII, a entón deshabitada San Pietro foi colonizado por persoas de etnia e lingua Lígur procedentes da colonia da República de Xénova en Tabarquía despois de ser tomada polo Bey de Tunisia. Hoxe a maior parte da poboación mantén unha variante do dialecto xenovés, chamado tabarquno, que tamén se fala na parte norte da próxima illa de Sant'Antioco en Calasetta, da mesma orixe.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.