Illa de Rügen
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rügen (lat. Rugia) é a maior das illas alemás. Está situada ao longo da costa de Mecklemburg-Pomerania occidental no mar Báltico. Ocupa unha superficie de 935 km², pero o seu perímetro litoral é de 574 km. A súa poboación era de 73.000 habitantes en 2001. Xunto coas illas veciñas, e menores, de Hiddensee e Ummanz, conforman o distrito Rügen.
(de) Rügen | ||||
Tipo | arquipélago illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Vorpommern-Rügen, Alemaña (pt) | |||
Localización | Mar Báltico | |||
| ||||
Bañado por | Arkona Basin (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 161,1 m | |||
Dimensións | 41 () × 52 () km | |||
Perímetro | 580 km | |||
Punto máis alto | Piekberg (en) (161,1 m ) | |||
Superficie | 926 km² | |||
Páxina web | ruegen.de | |||
As aglomeracións principais son Bergen auf Rügen con 20.000 habitantes e a vila portuaria de Sassnitz, con 11.000 habitantes. No sueste da illa, ubícanse as dúas estacións balnearias máis coñecidas: Sellin e Göhren. A illa está unida por unha ponte á cidade de Stralsund, no continente.
Con diversos cambios de dominio durante a Idade Media, Rügen pasou a formar parte da Pomerania sueca desde 1648. En 1815 o Congreso de Viena outorgouna a Prusia. Xa en 1816 foi construído a primeira estación belnearia (Putbus), convértendose a illa no lugar ideal de vacacións dos alemáns até a segunda guerra mundial. En 1936, durante a ditadura nazi, foi construída a ponte que a uniu a Stralsund. Durante a época da República Democrática alemá, aínda que Rügen foi coidada, dada a maior capacidade económica dos alemáns occidentais fixo que illas alemás da R.F.A. pasasen a ter maior número de visitantes. Desde a unificación alemá, Rügen volveu ser o lugar preferido de vacacións dos alemáns.
No comezo do ano 2018, un tesouro cunha antigüidade estimada de máis de mil anos pertencente ao rei viquingo Harald Blåtand foi atopado na illa polos arqueólogos voluntarios Luca Malaschnichenko (de 13 anos) e René Schön.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.