Illa de Onza
illa do arquipélago das illas Ons From Wikipedia, the free encyclopedia
illa do arquipélago das illas Ons From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa de Onza, ou Onceta, é unha illa galega do arquipélago das Illas Ons, que está a 600 metros ao sur da Illa de Ons. Esta illa pontevedresa pertence a Bueu e forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galiza.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | ría de Pontevedra | |||
Localización | ||||
División administrativa | Bueu, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 0,32 km² | |||
É unha illa de 32 hectáreas con forma rectangular, e cun perfil relativamente alto (o seu cumio acada os 84 metros de altura). As súas costas son escarpadas, se ben conta con dúas pequenas praias ao norte (praia das Moscas) e ao sur (Porto do Sol), case inaccesibles por estaren baixo fortes cantís e arrodeadas de escollos. Está cuberta de vexetación arbustiva e, sobre todo na súa parte occidental, é un importante lugar de aniñamento de aves mariñas. Pese ao seu tamaño carece de árbores e non conta con ningunha construción agás un barracón construído polos militares.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.