Illa Trinidad
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Trinidad é unha illa do mar Caribe, a maior de Trinidad e Tobago e das Antillas Menores, e aproximadamente a unha decena de quilómetros de distancia da costa oriental de Venezuela. A capital da illa e do país é Porto España, situado no noroeste, no Golfo de Paria. A segunda cidade máis importante, San Fernando, atópase situada no suroeste.
(en) Trinidad | ||||
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Santa Trindade | |||
Parte de | Illas de Sotavento Antillas Menores | |||
Situado na entidade xeográfica | Antillas Menores | |||
Localización | ||||
División administrativa | Trinidad e Tobago | |||
| ||||
Bañado por | Mar Caribe | |||
Características | ||||
Altitude | 940 m | |||
Dimensións | 97 () × 140 () km | |||
Punto máis alto | El Cerro del Aripo (pt) (940 m ) | |||
Superficie | 4.768 km² | |||
Foi descuberta por Cristovo Colón o 31 de xullo de 1498 na súa terceira viaxe. En 1530 foi conquistada por España baixo a dirección de Antonio Sedeño, quen é tamén o seu primeiro gobernador, cargo que asume en 1532, pero debido á tenaz resistencia dos nativos é abandonada dous anos máis tarde.
Un século máis tarde, España estableceu misións de cristianización con pais Capuchinos. Durante o período colonial español a illa, coñecida por Trinidad de Barlovento, é dependente da Real Audiencia de Santo Domingo, á súa vez dentro da xurisdición do Vicerreinado da Nova España.
No ano 1640 a illa rexeita un intento de invasión dos Países Baixos e en 1677 outro de Francia.
En 1797, durante unha de guerra entre España e o Reino Unido, unha frota inglesa ataca a illa e obtén a rendición do seu Gobernador.[1] Tras o Tratado de Amiens en 1802 anéxase a illa, e a cal unirá posteriormente á illa de Tobago nunha soa colonia denominada Trinidad e Tobago.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.