Illa Severny
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Severny (en ruso, о́стров Се́верный; Ostrov Severny, que significa, «illa do Norte» ou «illa Setentrional») é a grande illa setentrional do arquipélago de Nova Zembla, localizado no ártico de Rusia, entre as augas do mar de Barents, ao oeste, e as do mar de Kara, ao leste.
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | norte | ||||
Parte de | Nova Zembla | ||||
Situado na entidade xeográfica | Nova Zembla | ||||
Localización | |||||
Continente | Europa | ||||
División administrativa | Óblast de Arjánguelsk, Rusia | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Ártico | ||||
Características | |||||
Altitude | 1.547 m | ||||
Dimensións | 115 () × 570 () km | ||||
Punto máis alto | Mount Kruzenshtern (en) (1.547 m ) | ||||
Superficie | 47.079 km² | ||||
Atópase entre os 73-77º de latitude norte, e está separada da illa meridional, illa Yuzhny polo estreito de Matochkin. A illa ten unha superficie de 48.904 km², polo que é unha das illas maiores do mundo, a 4ª de Europa e a 2ª de Rusia. (É máis grande que moitos países europeos, como Eslovaquia, Estonia, Dinamarca, Países Baixos ou Suíza).
É a illa máis afastada da cordilleira dos Montes Urais, ten unha anchura de 132 km, unha altura de 1.547 metros e está en gran medida glaciarizada, cun espesor de xeo que pode chegar a 400 metros. Hai unha gran masa glaciar cunha superficie de 19.800 km² (a superficie de xeo máis grande de Rusia) e un gran número de pequenos glaciares, cunha superficie total de 3.900 km². Os glaciares están, en moitos lugares, próximos ao mar, onde producen no verán importantes icebergs.
A illa ten un litoral moi dentado, con moitos golfos, baías, penínsulas e cabos. Ademais, hai bastantes illas ribeiregas, de pequena superficie, como as illas Tsivolki, Pachtoesova, Ogagolf, illas do cabo Litke, Joezjnye Krestovy, Gorbovy, Berch, Viljama e Mitjoesjev.
Na illa Severny hai unha base do exército ruso e ten un porto.
Hai unha estación meteorolóxica automatizada en cabo Zhelaniya (MYS Zjelania), o punto máis setentrional de illa Severny, aínda que ata o ano 1994 foi unha importante base secreta que xogou un importante papel durante a Guerra Fría. É un importante fito xeográfico que se usa para separar o mar de Kara do de Barents (76°42′13.25″N 69°04′05″L).
Na illa había tres pequenos asentamentos (Fedkino, Archangelskoje e Krestovaja Goeba) agora abandonados.
Os nenets foron o pobo que orixinalmente poboou o arquipélago de Nova Zembla. As illas son coñecidas polos rusos desde os séculos XI e XII, cunado os seus comerciantes visitaban a rexión de Novgorod. A procura polos europeos dunha ruta comercial cara ao Oriente, a Ruta do Mar do Norte, levou a iniciar a exploración do arquipélago en 1553, coa fracasada expedición británica de Hugh Willoughby e Richard Chancellor.
Uns dos primeiros navegantes occidentais á illa foron os holandeses, que nas varias expedicións en que participou Willem Barents (1594-97), cartografaron e puxeron moitos dos nomes dos accidentes xeográficos da illa (cabos, golfos, baías e penínsulas), aínda que no século XIX moitos deles foron cambiados, aínda que aínda permanecen algúns. O propio Barents realizou a primeira invernada coñecida no ártico nesta illa (preto de cabo Sporny Navolok), falecendo no seu intento de regreso nalgún lugar non identificado da costa nororiental da illa.
En 1910 a illa foi circunnavegada por primeira vez polo investigador polar ruso Vladimir Roesanov, a bordo do barco Dmitri Soloenski.
En 1955, os descendentes dos nenets e os residentes de todas as aldeas e asentamentos de Nova Zembla foron agrupados no campamento de Lagernojela, na costa norte de illa Yuzhny. En novembro de 1957, foron deportados ao continente xa que todo o arquipélago foi designado como área de proba para os ensaios nucleares (o primeiro dos cales tivo lugar antes das deportacións). En 1961, produciuse nesta illa a explosión da Bomba Tsar (a 3.200 metros sobre o nivel do chan), que con 50 megatones, é o máis poderoso ensaio nuclear que tivo lugar nunca no mundo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.