illa do arquipélago Alexander From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Kupreanof é unha das principais illas do arquipélago Alexander, pertencente á Área Censal de Petersburgo, na rexión sueste do estado de Alasca, nos Estados Unidos. Ten unha superficie de 2.802´8 km².
Tipo | illa volcánica | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Ivan Kupreyanov (en) | |||
Parte de | Arquipélago Alexander | |||
Localización | ||||
División administrativa | Alasca, Estados Unidos de América | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Dimensións | 30 () × 84 () km | |||
Superficie | 2.813 km² | |||
A illa de Kupreanof está localizada na parte nororiental do arquipélago Alexander. Está separada do continente, polo seu lado leste, polas augas do Pasaxe Interior; polo norte, polas augas do estreito Frederik, que a separan da illa do Almirantado; ao oeste, o estreito de Keku sepáraa da illa Kuiu; e ao sur, o estreito Sumner sepáraa da Illa Príncipe de Gales; ao sueste, os estreitos de Wrangell (Wrangell Narrows) sepárana das illas de Woewodski e Mitkof.
A illa ten 84 km de longo e 32 km de ancho. A península de Lindenberg, no lado sueste da illa considérase parte da illa. A península está separada do resto da illa por un estreito chamado canle Duncan. A poboación da illa era de 785 hab. no censo de 2000.
O maior asentamento da illa é Kake, no lado noroeste da illa. A outra cidade é Kupreanof, no lado oriental, no estreito Wrangell, fronte á cidade de Petersburgo na próxima illa de Mitkof. A illa atópase dentro dos límites do bosque nacional Tongass no Distrito Ranger de Petersburgo.
A illa leva o nome do Baron Ivan Antonovich Kupreianov (1800-57), un dos xefes da Compañía Ruso-americana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.