From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Joinville é a illa máis grande do arquipélago de Joinville, de aproximadamente 64 km na dirección leste - oeste e de 20 km de largo, atópase ao nordés da punta da Península Antártica, separada polo estreito Antártico. A illa Joinville foi descuberta e cartografada de xeito aproximado en 1838 por unha expdedición francesa baixo o mando do capitán Jules Dumont D'Urville, quen a chamou así en honra a Francisco de Orleáns, Príncipe de Joinville, (1818-1900), que foi o terceiro fillo de Lois Filipe I de Francia, Duque de Orleáns.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Francisco Fernando de Orléans (pt) | |||
Parte de | Arquipélago de Joinville (pt) | |||
Localización | ||||
Continente | Antártida | |||
División administrativa | Zona do Tratado sobre a Antártida (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Océano Antártico | |||
Características | ||||
Dimensións | 22 () × 74 () km | |||
Punto máis alto | Mount Tholus (en) (852 m ) | |||
Superficie | 1.607 km² | |||
A República Arxentina reclama a illa e inclúea dentro do Departamento Antártida Arxentina que forma parte da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.