Illa Desroches
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Île Desroches ou Desroches Island é a illa principal das illas do Almirante, parte das illas periféricas das Seychelles. Sitúase a 230 km ao suroeste de Mahé, a principal illa das Seychelles. Que ten 6´2 km de longo e ten unha superficie de 3´24 km². Ao longo da súa circunferencia de 15 km ten unha praia de area fina.
Tipo | illa caio | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas do Almirante | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas do Almirante | |||
Localización | ||||
División administrativa | Seychelles | |||
| ||||
Bañado por | Océano Índico | |||
Características | ||||
Altitude | 0 m | |||
Dimensións | 1 () × 6,2 () km | |||
Superficie | 3,24 km² | |||
Desroches foi nomeada por Chevalier de Roslan, comandante da nave L'Heure du Berger. Foi explorada por Chevalier de la Billioère en 1771. Os británicos chamárona Wood Island, a illa de madeira debido á súa densa vexetación arbórea. A illa foi un importante produtor de copra.
Xunto co resto das Illas do Amirante, Desroches foi parte das Seychelles desde que se converteu nunha colonia en 1909. O 8 de novembro de 1965, o Reino Unido separou Desroches das Seychelles para formar parte do recentemente creado Territorio Británico do Océano Índico xunto con Farquhar, Aldabra e o Arquipélago de Chagos, pero regresou a Seychelles cos dous primeiros. O propósito era permitir a construción de instalacións militares para o beneficio mutuo do Reino Unido e os Estados Unidos. O 23 de xuño de 1976, Desroches foi devolto ás Seychelles por mor da consecución da independencia.
Desroches ten unha poboación de ao redor de 50 habitantes, un asentamento no centro da costa noroeste (mirando á lagoa), un pequeno hotel de luxo con 20 habitacións no sur (Desroches Island Resort), construído en 1988 e unha pista de aterraxe pavimentada de 1.372 m de longo na parte sur. Atópase a 36 km ao leste de Amirantes Bank, e separada dela pola auga a máis de 1300 metros de profundidade. Atópase no extremo sur dun atol. No extremo norte do atol atópanse as Shark Rocks, cunha profundidade de entre 3 e 6 metros. Hai un faro no extremo nordés da illa de Desroches. A illa está rodeada por un arrecife seco que se estende 1´6 quilómetros mar a dentro desde o extremo nordés e 0´8 km da extremidade suroeste do país. A illa é baixa e está cuberta de cocos e de altas árbores de madeiras duras. Unha profunda canle, de preto de 1´6 km de ancho, conduce á lagoa. A profundidade mínima na canle é de 18´3 m..
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.