![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/84/Espa%25C3%25B1a_y_Portugal.jpg/640px-Espa%25C3%25B1a_y_Portugal.jpg&w=640&q=50)
Iberismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O iberismo é un movemento político e cultural pannacionalista que propugna o achegamento e mellora de relacións a todos os niveis entre Portugal e España e, en último termo, a unidade política dos mesmos. Estes ideais foron promovidos principalmente por movementos republicanos e socialistas de ambos os países, especialmente foi durante o século XIX cando tiveron maior predicamento os ideais nacionalistas de carácter integrador, como o Risorgimento italiano ou a Unificación alemá. O iberismo é un proxecto de construción dun Estado ibérico ao que se quere dotar de entidade política.
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2019.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/84/Espa%C3%B1a_y_Portugal.jpg/640px-Espa%C3%B1a_y_Portugal.jpg)