Na mitoloxía nórdica Hœnir era un deus que formaba parte dos Æsir. Canda Mimer foi cos Vanir como parte do intercambio realizado como pacto para finalizar a guerra entre ambos grupos de deuses. Os Vanir convertérono nun dos seus membros pero el era indeciso e relegáballe a Mimer todas as súas decisións. Este feito é mencionado na saga dos Ynglings, onde se lle chama Hone. A figura deste deus é enigmática, xa que a pesar de non darse demasiada información sobre el, aparece nos eventos máis importantes da mitoloxía nórdica, como a guerra entre os Æsir e os Vanir, a creación dos primeiros homes e a batalla da fin do mundo, o Ragnarök.[1]
A xente de Asaland enviou un home chamado Hone, que pensaron sería adecuado como xefe, xa que era forte e de bo aspecto; e canda el enviaron un home de gran sabedoría chamado Mime. Pola súa parte, a xente de Vanaland enviou o home máis sabio da comunidade, chamado Kvase. Cando Hone chegou a Vanaheim, inmediatamente foi convertido en xefe e Mime acudía a el con bos consellos en todas as ocasións. Pero cando Hone se encontraba só no Thing ou noutras reunións, se Mime non se encontraba preto del, e se lle presentaba calquera dificultade, só respondía dun xeito -- "Agora deixen que outros dean o seu consello"; entón a xente de Vanaland sospeitou que a xente de Asaland lles enganaran no intercambio de homes.Saga dos Ynglings, capítulo 4[2]
Na Völuspá, Hœnir e Lóðurr axudáronlle a Odín na creación do primeiro home, Ask e a primeira muller, Embla. Hœnir foi o encargado de darlles os sentidos a estes primeiros homes.[3] En Gylfaginning, estes son substituídos por Vili e Ve.[4] Como Snorri coñecía a Völuspá, é probable que Hœnir fora outro nome para Vili.
En Skáldskaparmál o deus é mencionado nunha travesía xunto a Odín e Loki onde se encontran co xigante Þjazi baixo forma de aguia cando se deteñen a preparar comida.[5]
En Haustlöng consérvase un relato similar ao de Skáldskaparmál, onde Þjazi pide a Hœnir unirse á comida.
No prólogo de Reginsmál relátase que Hœnir xunto a Odín e Loki chegaron até a cascada onde moraba o anano Andvari que tiña a habilidade de transformarse en peixe e que máis tarde Loki lle roubaría o seu ouro e o anel Andvarinaut.
Segundo a Völuspá, Hœnir foi un dos poucos deuses que logrou sobrevivir ao Ragnarök.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.