From Wikipedia, the free encyclopedia
A humillación (etimoloxicamente "poñer no chan, baixar"), define o sentimento que ameaza a dignidade dun individuo como ser humano. Asóciase coa expresión "poñer en evidencia" a alguén, xa que orixina unha situación embarazosa. Pode referirse á súa determinación política, social, relixiosa, procedencia ou orientación sexual.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2014.) |
Nalgúns países, existen lexislacións que penalizan aqueles actos que cuestionan a dignidade dun ser humano como persoa, como se esta tivera o "dereito de non ser humillada" e, polo tanto, consideran a humillación como un delito.
Esta medida adoptouse en certos lugares dos Estados Unidos e Francia, onde corresponderían seis meses de prisión e 15.000 euros de multa. Así mesmo, en España estas leis xa son recoñecidas xunto ás condutas agresivas.
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos define a humillación como "unha denigración forzada dunha persoa ou grupo mediante un proceso de dominio que dana a dignidade; ser humillado significa ser posto nunha situación devaluada en contra do interese propio; e humillar é violar a expectativa que toda persoa debería ter de que os dereitos humanos básicos sexan respectados".
Avishai Margalit, no seu libro La Sociedad Decente (1997), describe este sentimento como unha sensación que invade á persoa cando perde o seu autorrespecto, que, de acordo coas súas palabras, concorda coa intimidade e o básico que xorde dun mesmo cara a el mesmo e que, en condicións normais, todos temos polo feito de ser humanos. Así, se nos tratan con desigualdade, estarían propiciando a humillación.
O Parlamento Europeo aprobou no 2008 a retención de inmigrantes sen residencia legal durante 18 meses sen ser xulgados previamente. Con isto, tratamos un caso de exclusión respecto dos cidadáns que forman parte da Unión Europea.
Por outro lado, dado que a maioría dos nosos países (e tamén os Estados Unidos) non aceptan inmigración non legalizada nin a súa interacción comercial, contribúese ó proceso de humillación respecto ós países empobrecidos economicamente. E outros contrarios, como China ou Al Qaida, e incluso Irán co seu programa nuclear, tentan humillarnos empregando o seu potencial e poder.
Unha posible solución para esta distinción sería, precisamente, retirarlles a etiqueta de vulnerables a ditos estados desafortunados.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Humillación |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.