Homestead Records
selo discográfico estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Homestead Records foi un sub-selo baseado en Nova York da distribuidora de música Dutch East India Trading. Fundouno en 1983 Sam Berger para especializarse en música experimental. O selo é considerado unha peza fundamental para a popularización do noise rock. Cando Berger deixou a discográfica recomendou a Gerard Cosloy, un rapaz de 18 anos que publicou un fancine que Homestead distribuía. Cosloy foi o encargado de asinar con moitas bandas notables. Porteriormente se engargarían do selo Ken Katkin e Steven Joerg. A súa derradeira edición sería o traballo de Ivo Perelman Cama de terra, aparecido en 1986.
Homestead Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1983 |
Data de disolución | 1996 |
Sede | Nova York |
País | Estados Unidos de América |
[ editar datos en Wikidata ] |
Entre os artistas que pasaron por Homestead destacan Big Black, Dinosaur Jr., Sonic Youth, Einstürzende Neubauten, The Ex, Swans ou Nick Cave and the Bad Seeds.