Hipocampo (mitoloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, o hipocampo (en grego Ίπποκάμπη Hippokámpê ou Ίππόκαμπος Hippókampos) era, segundo conta Pausanias na súa Descrición de Grecia, un cabalo mariño coa parte inferior do corpo desde o peito en forma de monstro mariño ou peixe. O hipocampo aparece mesmo nos poemas homéricos como símbolo de Poseidón, cuxo carro sucaba o mar tirado por veloces cabalos. Os poetas e artistas posteriores concibiron e representaron as bestas de Poseidón e doutras divindades mariñas como unha combinación de cabalo e peixe.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Hipocampo.