himno nacional From Wikipedia, the free encyclopedia
O himno nacional da República Dominicana é a composición musical patriótica que representa ó país e que, xunto coa bandeira e o escudo, ten a categoría de símbolo patrio. A súa letra foi composta por Emilio Prud’Homme e a partitura musical foi creada por José Reyes en 1883, quen lle pediu a Prud'Homme que escribise uns versos patrióticos que acompañasen os seus compases. Este himno interpretouse por vez primeira o 17 de agosto de 1883, nos salóns da Respectable Loxa Esperanza Nº. 9, localizada na Casa das Gárgolas, Rúa Las Mercedes Nº 4, na cidade de Santo Domingo, capital da República Dominicana.[1][2] A segunda cidade onde puideron escoitarse as notas musicais do himno nacional dominicano foi Azua.
Quisqueyanos Valientes | |
---|---|
Himno de | República Dominicana |
Letra | Emilio Prud’Homme |
Música | José Reyes |
Adoptado | 30 de maio de 1934 |
Mostra da música | |
A música tivo un éxito instantáneo, de tal xeito que cando os restos do libertador da República Dominicana, Juan Pablo Duarte, foron traídos dende Venezuela, escolleuse a música composta polo mestre Reyes.[1]
Letra en castelán |
---|
Quisqueyanos valientes, alcemos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.