![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e0/TR_Pamukkale_Hierapolis_asv2020-02_img29.jpg/640px-TR_Pamukkale_Hierapolis_asv2020-02_img29.jpg&w=640&q=50)
Hierápolis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hierápolis /ˌhaɪəræpəlɪs/ (grego antigo: Ἱεράπολις,lit. "Cidade santa") foi unha antiga cidade situada nun manancial de augas termais na Frixia clásica no suroeste de Anatolia. As súas ruínas están ao carón da moderna Pamukkale en Turquía e actualmente forman parte dun museo arqueolóxico designado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Hierápolis-Pamukkale | |
---|---|
![]() Teatro romano de Hierápolis | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 37°55′23″N 29°07′26″L |
Tipo | Mixto |
Criterios | III, IV, VII |
Inscrición | 1988 (12ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 485 |
As fontes termais utilízanse como spa desde o século II a.C, moitos clientes retiráronse ou morreron alí. A gran necrópole está chea de sarcófagos, o máis famoso o de Marcus Aurelius Ammianos, ten un relevo que representa o primeiro exemplo coñecido dunha manivela e un mecanismo de biela.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/64/TR_Pamukkale_Hierapolis_asv2020-02_img18.jpg/640px-TR_Pamukkale_Hierapolis_asv2020-02_img18.jpg)
Os grandes baños construíronse con grandes bloques de pedra sen usar cemento e consistían en varias seccións pechadas ou abertas unidas entre elas. Hai nichos profundos na sección interior, [Cómpre clarificar] incluíndo os baños, a biblioteca e gymnasium.