Hexemonía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A hexemonía (do grego antigo: ἡγεμονία = mando, primacía) é a supremacía que unha poboación, unha nación ou bloque de nacións pode ter, grazas ao seu maior potencial económico, militar ou político, e que exerce sobre outras poboacións, aínda que estas non a desexen. Isto pode ser un dominio directo, como a través do poder militar, pero pode ser un dominio indirecto, como cando unha nación pode ditar os termos do comercio á súa vantaxe.
Por hexemonía mundial enténdese o dominio do mundo por parte dunha soa nación ou un grupo de nacións.