From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos hexacoraliarios,[1] Hexacorallia, tamén coñecidos como zoantarios (Zoantharia), e unha subclase de cnidarios antozoos,[2] unha das tres en que se divide esta clase.[3]
Hexacoraliarios Hexacorallia Rango fósil: Fortuniano - Actialidade (540 - 0 Ma) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de hexacoraliarios na obra de Ernst Haeckel Kunstformen der Natur | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Ordes | |||||||||
| |||||||||
Sinonimia | |||||||||
|
A subclase foi descrita en 1896 polo biólogo e filósofo alemán Ernst Haeckel.[2]
Ademais de polo nome actualmente válido, a subclase coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
O nome científico Hexacorallia está formado polos elementos hexa- e ´-corallia. O primeiro é un prefixo tirado do grego antigo ἕξα-, derivado de ἕξ héx, "seis", e o segundo o nominativo plural do latín corallium, -ii, "coral", aludindo á simetría destes corais.
En canto o seu sinónimo, Zoantharia, é un termo do latín científico formado pola raíz Zoanth- do nome do xénero Zoanthus, coa adición do sufixo -aria indicando plural.[4]
A sublclase subdivídese nas seguintes ordes:[2]
Un artigo xenético de 2014 estableceu a filoxenia dos Hexacorallia, que dá como o grupo basal dos antozoos aos Ceriantharia, seguidos de Actiniaria, logo un grupo que contén aos Scleractinia e Corallimorpharia e, finalmente, o grupo dos Antipatharia e, como o grupo máis recente o dos Zoantharia.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.