![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/49/Flag_of_Ukraine.svg/langgl-640px-Flag_of_Ukraine.svg.png&w=640&q=50)
Hetmanato (1918)
institución política ucraína de goberno (1918) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hetmanato (en ucraíno: Гетьманат, Hetmanat), tamén coñecido como Atamanato, II Hetmanato (en ucraíno: II Гетьманат, II Hetmanat), Estado de Ucraína e Estado ucraíno (en ucraíno: Українська держава, Ukraínska derzhava) foi unha institución política ucraína de Goberno, cunha moi curta existencia na Historia de Ucraína.
Українська Держава (uk) ![]() | |||||
Himno | Shche ne vmerla Ukrainy ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Kíiv ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.000.000 ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua ucraína ![]() | ||||
Relixión | Cristianismo ortodoxo ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 29 de abril de 1918 ![]() | ||||
Disolución | 14 de decembro de 1918 ![]() | ||||
Sucedido por | República Popular de Ucraína ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | autocracia ditadura ![]() | ||||
• Hetman of Ukraine (en) ![]() ![]() | Pavel Skoropadski (pt) ![]() ![]() | ||||
Moeda | Ukrainian karbovanets (en) ![]() ![]() | ||||
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/74/Ukraine_1918_de.jpg/640px-Ukraine_1918_de.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/Marky_unr_3.jpg/320px-Marky_unr_3.jpg)
Foi instaurada, co apoio das Potencias Centrais, o 28 de abril de 1918 polos cosacos ucraínos e algunhas organizacións militares, despois da desbandada da Rada Central da República Popular de Ucraína, no marco da primeira guerra mundial, manténdose até o 14 de decembro do mesmo ano.
A figura política destacada foi o xeneral Pavló Skoropadski, que exerceu en forma persoal o poder, por riba da proclamación teórica do país como unha monarquía.
O territorio deste efémero Estado hoxe forma parte de Ucraína, Rusia, Belarús, Moldavia e Polonia.