tres mulleres que salvaron vidas no naufraxio do Santa Isabel en 1921 From Wikipedia, the free encyclopedia
Heroínas de Sálvora é a denominación coa que foron recoñecidas Josefa Parada, Cipriana Oujo Maneiro e María Fernández Oujo,[1] que na altura tiñan entre 14 e 24 anos de idade, polo salvamento marítimo de 58 persoas no naufraxio do buque correo Santa Isabel en 1921.[2]
O 2 de xaneiro de 1921 o buque correo Santa Isabel partiu pola noite na bocana da ría de Arousa, preto da illa de Sálvora. No naufraxio morreron afogadas 213 persoas e 58 foron salvadas pola intervención das heroínas de Sálvora. Salváronas cunha dorna en catro viaxes moi penosas.[2][3]
Foron obxecto de homenaxes e recoñecementos aínda que tamén de calumnias.[2] En 2019 comezou un proxecto para levar ao cine a súa historia.[4] O ano seguinte estreouse o filme, titulado A illa das mentiras[5] e dirixido por Paula Cons.[6] En 2024 déronlle o seu nome a un buque de salvamento marítimo.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.