Herófilo de Calcedonia, nado en Bitinia no ano 335 a. C. e finado no 280 a. C., foi un médico grego da Escola de Alexandría.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Modelo:BiografíaHerófilo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἡρόφιλος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento335 a. C. Editar o valor en Wikidata
Calcedônia, Turquía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte280 a. C. Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Alexandría, Exipto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, xinecólogo, anatomista Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresPraxagoras (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX969129
Pechar

Traxectoria

Aínda que ás veces se trasladou o inicio das diseccións de cadáveres humanos ao Renacemento, esta práctica iniciouse na Escola de Alexandría no século III a. C. Herófilo foi o primeiro en facer diseccións anatómicas en público, iniciando esta práctica médica xunto a Erasístrato de Ceos. Tamén practicou viviseccións en criminais e escravos condenados a morte.

Realizou descubrimentos acerca da disposición dos vasos do cerebro, levando actualmente por nome prensa de Herófilo, o confluente venoso posterior do cerebro. Constatou a sincronía do pulso cos latidos do corazón e afirmou que a intelixencia non se encontraba neste, senón no cerebro.

Herófilo estudou o encéfalo mediante diseccións (en cadáveres) e viviseccións (en persoas vivas) e investigacións en animais, describindo as meninxes, os plexos coroides, o cuarto ventrículo e a confluencia dos seos cerebrais.

Obra

A súa obra, así como a do seu contemporáneo Erasístrato de Ceos desapareceu completamente coa destrución de Alexandría por Xulio César. O seu coñecemento obtémolo a través de citas de autores posteriores, en especial, de Galeno.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.