![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a7/Henry_V_Miniature.jpg/640px-Henry_V_Miniature.jpg&w=640&q=50)
Henrique V de Inglaterra
From Wikipedia, the free encyclopedia
Henrique V de Inglaterra foi un rei inglés nado no castelo de Monmouth o 16 de setembro de 1387, como segundo fillo —o primoxénito, Eduardo, morrera ó nacer en 1382— de Henrique, duque de Lancaster —despois Henrique IV— e de María de Bohun. Ó acceder ó trono seu pai, tras depoñer a Ricardo II (1399), converteuse en príncipe de Gales e herdeiro do trono inglés.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (en) Henry V ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de setembro de 1386 ![]() Castelo de Monmouth (pt) ![]() ![]() |
Morte | 31 de agosto de 1422 ![]() Castelo de Vincennes, Francia ![]() |
Causa da morte | disentería ![]() |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster ![]() |
Monarca de Inglaterra | |
20 de marzo de 1413 – 31 de agosto de 1422 (finado no cargo) ← Henrique IV de Inglaterra – Henrique VI de Inglaterra → | |
Señor de Irlanda | |
20 de marzo de 1413 – 31 de agosto de 1422 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra ![]() |
Educación | The Queen's College (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Siege of Meaux (en) ![]() ![]() ![]() |
Outro![]() | |
Título | Duque ![]() |
Familia | Casa de Lancaster ![]() |
Cónxuxe | Catarina de Valois (1420 (Gregoriano)–) |
Fillos | Henrique VI de Inglaterra ![]() |
Pais | Henrique IV de Inglaterra ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Xoán de Lancaster, Humphrey, Duque de Gloucester (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Henrique V foi nomeado cabaleiro en dúas ocasións. A primeira foi ós 12 anos de idade, no medio dun campo de batalla irlandés (1399), pola espada de Ricardo II. O rei inglés levaba o mozo Henrique ó combate en calidade de refén para garantir o bo comportamento do seu pai Henrique de Lancaster, opositor político da coroa. Prisioneiro e todo, o rapaz demostrou o seu valor contra os rebeldes irlandeses, o que lle valeu este primeiro recoñecemento. A segunda vez, foi polo seu pai Henrique IV (que xa derrocara e fixera asasinar a Ricardo II e usurpara o trono), un día antes da coroación daquel e da súa propia ascensión ó Principado de Gales.
Ó ano seguinte, 1400, Henrique IV mandou o seu fillo a reprimir unha gran rebelión dun xefe galés que reclamaba para si o principado. En menos de dous anos, o mozo conseguiu sufocar a rebelión, incluíndo os exércitos de dous xefes ingleses que se pregaran a ela. Dos guerreiros galeses aprendería Henrique as tácticas guerrilleiras que máis tarde aplicaría en Francia.