matemático francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Henri Léon Lebesgue (ɑ̃ʁi leɔ̃ ləbɛɡ), nado en Beauvais o 28 de xuño de 1875 e finado en París o 26 de xullo de 1941, foi un matemático francés.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Naceu en Beauvais, Oise, Picardie, Francia. Estudou na Escola Normal Superior e no período 1899 - 1902 impartiu clases no Liceo de Nancy. En 1910 recibiu unha cátedra na Universidade da Sorbona.
Lebesgue é fundamentalmente coñecido polas súas achegas á teoría da medida e da integral. A partir dos traballos doutros matemáticos como Émile Borel e Camille Jordan, Lebesgue realizou importantes contribucións á teoría da medida en 1901. Ao ano seguinte, na súa disertación Intégrale, longueur, aire (Integral, lonxitude, área) presentada na Universidade de Nancy, definiu a integral de Lebesgue, que xeneraliza a noción da integral de Riemann estendendo o concepto de área baixo unha curva para incluír funcións descontinuas. Este é un dos logros da análise moderna que expande o alcance da análise de Fourier.
Tamén fixo achegas en ramas como a topoloxía, a teoría do potencial e a análise de Fourier. En 1905 presentou unha discusión sobre as condicións que Lipschitz e que Jordan utilizaran para asegurar que f(x) é a suma da súa serie de Fourier.
A partir de 1910 non se concentrou máis na área de estudo que el iniciara, debido a que o seu traballo era unha xeneralización, e el era temeroso das mesmas. Nas súas propias palabras: Reducida a teorías xerais, as matemáticas serían unha forma fermosa sen contido. Morrerían rapidamente. A pesar de que desenvolvementos posteriores demostraron que o seu temor non tiña fundamento, este permítenos entender o curso que seguiu o seu traballo.
Ademais de aproximadamente 50 artigos, escribiu dous libros: Leçons sur l'intégration et la recherché des fonctions primitives (1904) e Leçons sur les séries trigonométriques (1906).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henri Léon Lebesgue |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.