Helena (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Helena (ou en grego Ἑλένη) é unha lúa de Saturno. Foi descuberta por Pierre Laques e Jean Lecacheux no ano 1980, a patir de observacións terrestres feitas no Observatorio Pic du Midi, e recibiu a designación temporal S/1980 S 6.[3] No ano 1988 foi oficialmente bautizada co nome de Helena de Troia, quen era neta de Cronus (Saturno) na mitoloxía grega.[4] A lúa tamén é coñecida coma Saturno XII e Dione B,[5] xa que esta lúa é co-orbital da lúa Dione e está situada no punto de Langrage de vangarda (L4). É unha das catro lúas troianas que existen no sistema de satélites de Saturno, as outras tres son: Calipso, Telesto e Polideuco, a outra troiana de Dione.
Datos rápidos Descubrimento, Descuberta por ...
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Laques e Lecacheux |
Descuberta no | 1 de marzo de 1980 |
Designación alternativa | Saturno XII Dione B |
Características orbitais | |
Eixo semi-maior | 377.396 km |
Excentricidade | 0,0022 |
Período orbital | 2,736915 días [1] |
Inclinación | 1,199° (respecto do ecuador de Saturno) |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 36 × 32 × 30 km |
Radio medio | 16 km |
Período de rotación | asumida coma síncrona |
Oblicuidade | cero |
Albedo | 1,67 ± 0,20 (xeométrico)[2] |
Pechar