![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/67/Heinkel_He177.jpg/640px-Heinkel_He177.jpg&w=640&q=50)
Heinkel He 177
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Heinkel He 177 Greif (grifón) foi un bombardeiro pesado alemán da segunda guerra mundial. Este problemático avión foi un intento tardío da Luftwaffe de conseguir un bombardeiro estratéxico e as súas primeiras unidades foron entregadas a mediados de 1942. Debido á súa grande bodega o He 177A podía levar unha carga considerable de bombas, pero debido a problemas mecánicos e estruturais rara vez realizou bombardeos estratéxicos, empregándose sobre todo en ataques contra barcos. A finais da guerra un He 177 foi modificado para levar a bomba atómica alemá.