Heikki Suolahti
compositor finlandés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Heikki Theodor Suolahti, nado o 2 de febreiro de 1920 en Helsinqui (Finlandia) e finado na mesma cidade o 27 de decembro de 1936, foi un compositor finlandés, considerado un dos grandes talentos da historia da música do seu país. Nado nunha familia cultural da capital finlandesa, Suolahti formouse musicalmente na súa cidade natal e realizou viaxes por Europa. A pesar de que era un compositor practicamente autodidacta, a calidade da súa obra chamou a atención de Jean Sibelius.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1920 ![]() Helsinqui, Finlandia ![]() |
Morte | 27 de decembro de 1936 ![]() Helsinqui, Finlandia ![]() |
Causa da morte | leucemia Apendicite ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Finlandia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor ![]() |
Xénero artístico | Ópera ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Debido á súa prematura morte, Suolahti non puido presenciar a estrea de ningunha das súas composicións e a súa obra non é moi extensa. Con todo, puido finalizar a Sinfonia piccola, a súa obra máis coñecida, e bosquexara unha nova sinfonía e unha ópera no momento da súa morte. As súas composicións, encadradas dentro do romanticismo, están influenciadas pola música de Richard Wagner, de quen era admirador.