Haradrim é o nome dunha raza ficticia de Homes do legendarium do escritor británicoJ. R. R. Tolkien. Son os habitantes de Harad, terra situada ó sur da Terra Media. A súa orixe é incerto, pero parece lóxico pensar que se trata de Homes nados en Hildórien que emigraron ó sur da Terra Media, e que na Segunda Idade do Sol caeron baixo o influxo, primeiro dos Númenóreanos e logo de Sauron, a través dos sobreviventes de Númenor coñecidos como os Númenóreanos Negros
Os Haradrim mantiveron unha guerra case constante contra o Reino de Gondor, por iso se aliaron con Sauron na Guerra do Anel. Utilizan os Olifantes como medio de transporte.
Na Terceira Idade do Sol, os enfrontamentos de Gondor cos Haradrim foron os seguintes:
933 T. E. toma de Umbar por parte do rei Eärnil I. Cabe aclarar que a Fortaleza de Umbar era dominada polos Númenóreanos Negros que reinaban sobre os Haradrim de Harad próximo.
1015 T. E. O Rei Ciryandil perde gran parte do territorio de Umbar logo dun ataque combinado de Númenoreanos Negros e Haradrim. A cidade non cae porque Gondor envía reforzos e a sitia por mar.
1050 T. E. Hyarmendacil I conquista todo o Harad próximo vingando a morte do seu pai. Os reis Harad próximo foron obrigados a pagar tributos e a render homenaxe a Gondor.
1448 T. E. Logo da Loita entre Parentes, os descendentes de Castamir exílianse en Umbar e alí fan tratos cos reis de Harad.
1540 T. E. Os Haradrim rebélanse contra Gondor e comeza un conflito que duraría 11 anos. Neste ano, o Rei Aldamir morre nun ataque dos Corsarios e dos Homes de Harad.
1551 T. E. Incitados polos emisarios de Sauron, os Haradrim cruzaron o río Poros e atacan Gondor. Hyarmendacil II derrota ós Haradrim e obrígaos a fuxir cara ao sur.
1944 T. E. Logo dunha paz de 400 anos co sur, que estaba enleado nas súas propias liortas, os Haradrim atacan Gondor polo sur mentres os Aurigas o fan polo leste. O capitán Eärnil derrota ós Haradrim en Ithilien do Sur e máis tarde ós Aurigas na Batalla do Campamento.
2758 T. E. Os Haradrim e os Corsarios de Umbar atacan o sur de Gondor e alíanse cos dunlendinos, para tomar Rohan. Ó ano seguinte, o senescal Beregond expulsa ós Corsarios.
2885 T. E. Os Haradrim cruzan o río Poros e atacan Gondor. Prodúcese a Batalla dos Vaos do Poros, pero o Senescal Túrin II derrótaos coa axuda de Rohan.