![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/95/Halifax-mk3.jpg/640px-Halifax-mk3.jpg&w=640&q=50)
Handley Page Halifax
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Handley Page Halifax foi un bombardeiro pesado británico usado na segunda guerra mundial. O seu deseño procedía dunha especificación de 1936 que levaría tamén ao Manchester. Voou por primeira vez o 24 de setembro de 1939 e entraría en servizo en novembro de 1940. Non foi tan famoso como o seu contemporáneo Lancaster, pero tamén foi un bombardeiro nocturno moi importante para a RAF. Permaneceu en servizo ata o final da guerra facendo máis labores ademais do bombardeo e operou tamén coa Royal Australian Air Force, Royal Canadian Air Force, Royal New Zealand Air Force, Royal Pakistan Air Force e a Polish Air Force.
Handley Page Halifax | |
---|---|
![]() Halifax Mk.III | |
Tipo | bombardeiro pesado |
Fabricante | Handley Page |
Primeiro voo | 25 de outubro de 1939 |
Introducido | 13 de novembro de 1940 |
Retirado | 1961 (Paquistán) |
Principais usuarios | Royal Air Force Real Forza Aérea do Canadá Real Forza Aérea de Australia Forza Aérea da Francia Libre |
Produción | 1940 - 1945 |
Unidades construídas | 6 176 |
A produción total de Halifax foi de 6.178 exemplares, sendo oderradeiro avión entregado en abril de 1945. Ademais de Handley Page, os Halifax foron fabricados por English Electric, Fairey Aviation e Rootes Motors en Lancashire e polo London Aircraft Production Group. No seu momento máis álxido de produción chegouse a completar un avión por hora.