Hanami
festa da cerdeira en flor do Xapón / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hanami (花見, lit. "ollar flores") é a tradición xaponesa de ollar a beleza das flores, mais polo xeral asóciase esta verba ao período no que floran as cerdeiras e na que os xaponeses asisten en masa a parques e xardíns a contemplar as súas flores (sakura). De finais de marzo a principios de abril, as cerdeiras rosean por todo Xapón, de sur a norte acorde aos distintos climas existentes nas diversas rexións. As primeiras cerdeiras do ano florean nas illas de Okinawa a principios de marzo (a rexión máis meridional) e os últimos na illa de Hokkaidō aproximadamente a última semana de abril (a rexión máis setentrional).
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O prognóstico de florecemento (sakurazensen (桜前線?)) é anunciado cada ano pola oficina de meteoroloxía. Nesta celebración, a xente diríxese aos parques a contemplar as cerdeiras en flor, e habitualmente realizando un xantar, coa familia ou coa empresa (é habitual ver a empregados de empresas gardando os mellores sitios so das cerdeiras con días de antelación). O hanami continua á noite e é chamado yozakura (夜桜, cerdeiras á noite?).
Toyō Itō, famoso arquitecto xaponés, lembraba este feito da súa nenez catalogando como a forma máis fermosa e sinxela de facer arquitectura, a través dos grandes manteis á sombra das cerdeiras.