HC Plzeň
From Wikipedia, the free encyclopedia
O HC Plzeň (por motivos de patrocinio HC Škoda Plzeň) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Plzeň, República Checa. O club foi fundado en 1929 como sección de hóckey sobre xeo do Viktoria Plzeň e debutou na primeira división checoslovaca en 1951. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga Checa, competición que gañou nunha ocasión (tempada 2012-13). Xoga os seus partidos como local no ČEZ Arena, un pavillón con capacidade para 8.420 espectadores.
Datos rápidos Fundación, Cidade ...
HC Plzeň | |
---|---|
Fundación | 1929 |
Cidade | Plzeň, Plzeň República Checa |
Estadio | ČEZ Arena (8.420 espectadores) |
Liga | Extraliga Checa |
Campionatos | 1 |
Adestrador | Milan Razým |
Cores | Azul e branco |
Na rede | |
https://www.hcskoda.cz |
Pechar