![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1f/Protein_HBB_PDB_1a00.png/640px-Protein_HBB_PDB_1a00.png&w=640&q=50)
Subunidade beta da hemoglobina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A subunidade beta da hemoglobina, tamén chamada hemoglobina beta ou β-globina, é unha proteína globina codificada no xene HBB, a cal, unida á alfa-globina (HBA), constitúe a forma máis común de hemoglobina nos humanos adultos, a hemoglobina A (HbA), proteína tetrámera α2β2 formada por dúas cadeas alfa e dúas beta.[1] Esta subunidade ten 147 aminoácidos e un peso molecular de 15.867 Da.
Datos rápidos HBB, Estruturas dispoñibles ...
HBB | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB
Lista de códigos PDB
| ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 11 p15.4 | ||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
Pechar
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/07/HBB_location.png/320px-HBB_location.png)
Esta subunidade está codificada no xene HBB e as mutacións neste xene producen varias variantes das proteínas que están implicadas en trastornos xenéticos como a anemia falciforme e a beta-talasemia, así como caracteres beneficiosos como a resistencia xenetica á malaria.[2][3] Descubríronse neste xene polo menos 50 mutacións causantes de enfermidades.[4]