From Wikipedia, the free encyclopedia
Héctor Barberá Vall, nado en Dos Aguas (provincia de Valencia) o 2 de novembro de 1986, é un piloto de motociclismo que corre en MotoGP. Actualmente reside en Valencia, de onde é o seu pobo natal.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Héctor Barberá Vall 2 de novembro de 1986 (38 anos) Dos Aguas, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo |
Deporte | Motociclismo de velocidade Trial |
Número deportivo | 8 |
Herdou do seu pai a paixón polas motos e iniciou a súa traxectoria no mundo do motociclismo na modalidade de trial conseguindo en 1996 o campionato da Comunidade Valenciana e conseguindo bos resultados nas dúas seguintes tempadas. En 1999 iníciase en competicións rexionais da comunidade valenciana nos circuítos conseguindo o cuarto posto na Fórmula Airtel e o sétimo posto a copa Caja Madrid. Gaña a Fórmual Airtel da Comunidade Valenciana en 2000. En 2001 firma polo equipo de Julian Miralles e gaña o campionato Fórmula de campións de 125cc e queda o 12º no campionato de España de 125cc.
Co equipo Aprilia Aspar en 2002 consegue o seu primeiro grande éxito ao gañar o Campionato de España de 125cc e tamén toma parte no campionato do mundo de 125cc quedando en 14º posición cun cuarto posto no gran premio da República Checa como mellor resultado. 2003 supuxo a súa confirmación no mundial logrando os seus dúas primeiras vitorias en Donington Park e en Motegi co que terminou en terceira posición do campionato. Para 2004 abandonou o equipo de Aspar e asinou co equipo de 125cc de Clarence Seedorf conseguindo 4 vitorias e alzándose co subcampionato de 125cc.
A tempada 2005 supón o seu ascenso á categoría de 250cc ao asinar co equipo dirixido por Dani Amatriain, o equipo Fortuna Fonda, pilotando unha Fonda RSW250 tendo como compañeiro a Jorge Lorenzo, co nunca tivo unha boa relación, e termina en 9º posición esa tempada.
O equipo de Amatriain abandona Fonda e pasa a ser equipo oficial de Aprilia na tempada 2006 polo que Héctor pasa a pilotar a Aprilia RS250 conseguindo a súa primeira vitoria en 250cc no gran premio de China e finalizando a tempada en sétima posición.
En 2007, cambia de equipo e ficha polo Team Toth Aprilia obtendo 3 podios e terminando en quinta posición, o seu mellor resultado ata a data en 250cc. Para 2008, Barberá segue no equipo Toth e pilota unha das 7 Aprilia RSA250 oficiais de 250cc e cambia o seu dorsal das últimas tempadas , o 80, polo 21. Esa tempada asina o seu mellor evolución carreira a carreira destacando as súas 8 saídas desde a primeira fila de grella e as súas catro podios, ata a grave lesión que se produciu durante os adestramentos do GP de Motegi que lle obrigan a dar por finalizada a súa tempada cando loitaba polos tres primeiros postos do Campionato, terminando o campionato en 6º posición.
Para 2009 Héctor cambia de equipo e recae no recentemente formado equipo dirixido por Sito Pons tendo como compañeiro de equipo ao fillo de Sito Axel Pons. Disporá dunha Aprilia RSA250 oficial para disputar o campionato. Héctor finaliza o ano como Subcampión do mundo de 250cc, a 22 puntos do primeiro clasificado, con 8 podios, 3 vitorias nos circuítos de Qatar, Misano e Valencia.
En 2010 Héctor corre con Ducati na máxima categoría, MotoGP. A finais de 2011 ficha polo equipo italiano Pramac Racing Ducati.
Tempada | Categoría | Moto | Carreiras disputadas | Vitorias | Podios | Poles | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2002 | 125cc | Aprilia | 4 | 0 | 1 | 0 | 34 | 14º |
2003 | 125cc | Aprilia | 16 | 2 | 5 | 0 | 164 | 3º |
2004 | 125cc | Aprilia | 16 | 4 | 7 | 1 | 202 | 2º |
2005 | 250cc | Honda | 16 | 0 | 0 | 0 | 120 | 9º |
2006 | 250cc | Aprilia | 14 | 1 | 3 | 2 | 152 | 7º |
2007 | 250cc | Aprilia | 12 | 0 | 3 | 0 | 177 | 5º |
2008 | 250cc | Aprilia | 12 | 0 | 4 | 2 | 142 | 6º |
2009 | 250cc | Aprilia | 16 | 3 | 8 | 4 | 239 | 2º |
2010 | MotoGP | Ducati | 18 | 0 | 0 | 0 | 90 | 12º |
2011 | MotoGP | Ducati | 16 | 0 | 0 | 0 | 82 | 11º |
Total | 156 | 10 | 32 | 9 | 1402 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.